Viaxe a Persia.
O meu primeiro amante
non creu que eu fose virxe,
e chorou
cando o meu sangue
tinguíu as sabas.
O meu segundo amante
quixo ver en min unha...
inexperta que intentaba pasar
por auga que xa movera muiño
e tívenlle que aturar,
abnegada, a depresión
de descubrir que non era o primeiro.
Nin iles,
nin os que os seguiron,
quixeron descubrir
algo que non fosen as súas quimeras.
Antonio R. López, in Sucios e Desexados e in Antoloxía Poética Leliadoura (1985-1997)
Publicado por jm em agosto 24, 2005 01:33 AM