agosto 25, 2005

Louvor dos Mosquitos

Non sobrevivirá o reiseñor
nin a curuxa nin a pombiña.

Tampouco sobrevivirá o boi
nin o golpe nin o xabalí.

Non sobrevivirá nin serpe
nin denonciña nin lagarto.

Non sobrevivirá nin freixo
nin nogueira nin toxo femia.

Non sobrevivirá hortensia
nin abeluria nin gladiolo.

Non sobrevivirá ningunha flor
nin árbore nin herba nin froito.

Non sobrevivirán peixes no mar
nin os cágados na auga doce.

Non sobrevivirán carricantas
nin cabalos do demo nin saltós.

Non sobrevivirán volvoretas
nin primaveras nin outonos.

Non sobrevivirá o home se o home
fai estalar a Terra Fartureira.

Quedará o vento, os mosquitos
e a foula queimada dos camiños.

Louvados pois sexan os mosquitos,
xa que eles poboarán a Terra.


Pilar Cibreiro, in O Vasalo de Armadura de Prata e in Antoloxía Poética Leliadoura (1985-1997)

Publicado por jm em 01:17 AM | Comentários (4)

agosto 24, 2005

O meu primeiro amante

Viaxe a Persia.

O meu primeiro amante
non creu que eu fose virxe,
e chorou
cando o meu sangue
tinguíu as sabas.
O meu segundo amante
quixo ver en min unha...
inexperta que intentaba pasar
por auga que xa movera muiño
e tívenlle que aturar,
abnegada, a depresión
de descubrir que non era o primeiro.
Nin iles,
nin os que os seguiron,
quixeron descubrir
algo que non fosen as súas quimeras.


Antonio R. López, in Sucios e Desexados e in Antoloxía Poética Leliadoura (1985-1997)

Publicado por jm em 01:33 AM | Comentários (0)

agosto 13, 2005

Some little boys dont

Some little boys like it
Some little boys dont
Some little girls swipe it
Some little girls won't

Some nephews suck it
Some lollypops grunt
Some nieces truck it
If grandpa's a runt

Some puberties request it
Four times a month
Some girl teens breast it
Some eat it for brunch

Some little people gargle
Some adolescents warble
Some teenyboppers babble
Some kiddies play Scrabble


Allen Ginsberg, in Death & Fame

Publicado por jm em 05:28 PM

agosto 03, 2005

:)*

Elliott Erwitt


© Elliott Erwitt / Magnum Photos

Publicado por dolphin.s em 12:00 AM | Comentários (14)