junho 22, 2005

Eu medrei rodeado por feixes de asasinos

Eu medrei rodeado por feixes de asasinos que acabaron por comprar a impunidade cando non puideron garantila a tiros. E agora son militante da memoria. Porque indigno foi convivir cos cómplices da tirania, cos colaboracionistas do medo, cos retóricos do terror, cos vasalos da vesania. Aquí mesmo estaban. E aqui están. Eran os pais dos outros nenos, os veciños que pasaban pola rúa, os expropriadores dos vencidos tristemente triunfantes. Pero o peor de todo foi convivir cos criminais.

(Lugo, anos setenta)

Claudio Rodríguez Fer, de Rastros de vida e poesia in A loita continúa

Publicado por jm em junho 22, 2005 01:27 PM
Comentários

ola
muito bom o blog
otimos textos
:)
see ya !!
bye

Dito por: Khallid no dia 24 de junho 2005, às 00h45